O Concello de Moraña, comunica a apertura do prazo para a reserva de lotes para o xantar a celebrar o Domingo, día 30 de xullo de 2017, ás 14 horas, na Carballeira de Santa Lucía de Moraña (Pontevedra), con motivo da celebración da XLVIII FESTA DO CARNEIRO Ó ESPETO 2017 ®, declarada festa de interese turístico galego.
O LOTE, suficiente para 20 comensais, inclúe:
O importe do lote ascende á cantidade de TRESCENTOS (300,00) EUROS.
Reservarase mediante ingreso bancario, indicando como concepto “RESERVA LOTE XLVIII FESTA DO CARNEIRO Ó ESPETO 2017”, en calquera das seguintes contas bancarias, a nome do Concello de Moraña, sendo imprescindible indicar nome e apelidos, no de DNI, núm. de teléfono e domicilio de quen fai o ingreso:
O PRAZO DE RESERVA DE LOTES, QUE SERÁN ADMITIDOS POR RIGUROSA ORDE DE INGRESO BANCARIO, COMEZARÁ O DIA 22 DE XUÑO E REMATARÁ ÁS 14 HORAS DO VENRES, DIA 21 DE XULLO DE 2017, RESERVÁNDOSE A ORGANIZACIÓN O DEREITO DE PECHE DA MESMA EN CALQUERA MOMENTO, POLO QUE É CONVENIENTE REALIZAR A RESERVA COA MAIOR ANTICIPACIÓN POSIBLE.
Moraña, 8 de xuño de 2017
CONCELLO DE MORAÑA