1ª- OBXECTO DA CONVOCATORIA
A presente convocatoria ten por obxecto regular o procedemento de concesión de subvencións en réxime de libre concorrencia para fomentar as actividades que no eido da cultura, educación e o deporte prom ovan persoas xurídicas, asociacións e entidades sen ánimo de lucro, consideradas de interese social para o Concello de Moraña.
2ª – BENEFICIARIOS
Poderán solicitar as subvencións reguladas na presente convocatoria as persoas xurídicas, asociacións
ou entidades que cumpran os seguintes requisitos:
Ter o seu domicilio social no Concello de Moraña. Desenvolver a súa actividade dentro do ámbito municipal.
Estar validamente constituí da e rexistrada no Rexistro Municipal de Asociacións. Carecer de fins de lucro.
Non ter penden te de xustificación ningunha subvención ou axuda económica co Concello de Moraña.
3ª-PROGRAMAS SUBVENCIONABLES
Poderanse solicitar subvencións para as seguintes actividades:
Actividades de promoción e cooperación cultural, formativas ou similares.
Actividades de promoción do deporte ou realización de eventos deportivos.
4ª-CONTÍA E LÍMITE DAS SUBVENCIÓNS
o conxunto das axudas recibidas en ningún caso poderá superar o 100% do custo da actividade que vaia desenvolver o beneficiario.
Quedan excluídos como subvenciona bIes os gastos en comidas, pinchos e invitacións a participantes así como as excursións lúdico-recreativas.
As subvencións, que serán financiadas con cargo á aplicación presupostaria 33.480, terán un límite máximo de 14.000,00 euros.
As subvención s son compatibles con outras subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera outra administración ou de entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.
5ª-SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN
Para cada actividade presentarase a seguinte documentación:
PÓDENSE DESCARGAR OS IMPRESOS A CUMPLIMENTAR PARA A SOLICITUDE NO SEGUINTE VÍNCULO: sub-2014
6ª-PRAZO DE PRESENTACIÓN
A instancia xunto coa restante documentación presentaras e no Rexistro Xeral do Concello de Maraña, no prazo de 30 días contados desde o día seguinte ó da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia.
Pódese consultar este anuncio no BOP no seguinte vínculo: bop001