Buscar...

Procedimento AEE Plan General

Compartir

En cumprimento da disposición transitoria primeira da Lei 212010, do 25 de marzo de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística a proteccion do medio rural de Galicia, todos os plans en tramitación que non alcanzasen a aprobación inicial a data de 21 de abril de 2010 deberan adaptarse plenamente a ela. A tales efectos, o Concello remite unha addenda ao documento de inicio presentado o 29 de xaneiro de 2009, dando cumprimento ao establecido no artigo 84.4 da LOUG en relación ao contido de anteproxecto de planeamento ou documento de inicio pare a tramitación do PXOM.
A addenda, presentada nesta Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o 29 de xullo de 2010, inclue un estudo detallado do medio rural e analise do modelo de asentamento poboacional, asi coma a descricion e avaliación do sistema de nucleos proposto. A documentación relativa ao contido, e obxectivos, propostas e alternativas, avaliación do desenvolvemento previsible, efectos ambientais previsibles e que se prevexa poidan ter sobre os elementos estratexicos do territorio, a planificación sectorial e territorial implicada e as normas aplicables, entendese por parte desta Secretaria Xeral os contidos no Documento de lnicio de 2009 como validos.
Polo tanto, a través da presente, comunicolle formalmente o inicio do procedemento de AAE do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Moraña, deixando sen validez o Documento de referenda emitido o 16 de abril de 2009.
Conforme establece a Lei 9/2006, para a elaboración do DR é preciso contar coa opinion das autoridades con responsabilidades quo poidan ser afectadas, asi como das organizacións e outros axentes interesados. Comunicolle a tales efectos quo esta exposta na nosa paxina web unha copia da documentación presentada para o seu exame, e para que, durante 30 días naturais, se formulen as observacións pertinentes que deban ser consideradas a hora da elaboración do DR. Este documento establecerá as pautas e criterios a ter en conta no proceso de AAE.
Prégolle dea a maxima difusión deste escrito no seu Concello.
Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2010 0 Subdirector Xeral de Avaliación Ambiental
Asdo.: Carlos Calzadilla

Pode ver unha copia deste documento aquí.

Deixa un Comentario

Accesibilidad