Buscar...

Ayudas para la Obtención del Permiso de Conducción clase B por parte de jóvenes

Compartir

Dona MARÍA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA
FAI SABER: que a Consellería de Traballo e Benestar (Xunta de Galicia) mediante a Orde do 4 de maio de 2012 (DOG Nº 91) convocou as seguintes axudas para o ano 2012:

AXUDAS PARA A OBTENCIÓN DO PERMISO DE CONDUCCIÓN CLASE B POR PARTE DOS MOZOS E MOZAS

BENEFICIARIOS
: MOZOS E MOZAS QUE TEÑAN ENTRE 18 E 30 ANOS DE IDADE cumpridos no momento de presentar a solicitude; cumpran os requisitos do artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia, e ademais:

  • Estean en situación de desemprego, cunha antigÜidade mínima de seis meses, no momento de presentar a solicitude (aportarase certificado do Inem corno demandante de emprego no que conste o tempo de permanencia na situación de desemprego).
  • Sexan titulares do carné xove vixente no momento de presentar a solicitude.
  • Teñan a súa residencia en Galicia e acrediten un nivel de ingresos netos anuais da unidade familiar (constituí da pola persoa beneficiaria e os familiares cos que conviva) non superior a 2,5 veces o IPREM , establecido para o ano 2012, incluíndo as pagas extraordinarias, ponderado segundo os membros da unidade familiar, do xeito seguinte: 1 membro na unidade familiar (ingresos máximos: 14.910,28 euros); 2 membros na unidade familiar (16.556,98 euros) e 3 ou máis membros (18.637,85 euros).
  • Non estar en posesión do permiso de condución clase B no momento de presentar a solicitude, ou estar en posesión del, con data de expedición definitiva a partir do 1 de xaneiro de 2012.

IMPORTE DAS AXUDAS: 200 euros por beneficiario/a sempre e cando este importe non supere o custo derivado da obtención do permiso de conducción obxecto das axudas.

PRAZO: O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 1 de setembro de 2012 salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario dispoñible (poñerase en coñecemento xeral a través da páxina web: www.xuventuide.net)

MÁIS INFORMACIÓN NO CONCELLO DE MORAÑA: 986 553 005

Podeis descargar este Bando en pdf aquí: Bando Axudas Permiso cond B

Deixa un Comentario

Accesibilidad