Hoxe 15 de novembro celébrase o día Mundial sen Alcol. Esta data foi instaurada pola Organización Mundial da Saúde (OMS) co obxectivo de invitar á reflexión sobre o alcol e as súas consecuencias sobre a saúde. Intentando así, a través de diversas iniciativas, concienciar á poboación sobre as graves consecuencias que pode conlevar
o consumo de alcol, sobre todo na poboación máis nova.
Segundo datos da OMS, o alcol ocasiona arredor de 3,3 millóns de mortes anuais, supoñendo isto o 5,9% das defuncións a nivel mundial. Ademáis existe unha clara
relación causal entre o consumo nocivo de alcol e unha serie de trastornos mentais e comportamentais, ademáis de enfermidades non transmisibles e traumatismos.
Estos datos motivan a que un ano máis, dende o Proxecto de Prevención das drogodependencias e outras condutas adictivas no eido local de Barro, Cuntis, Moraña e Portas se recorde a todas as veciñas e veciños dos catro concellos que o alcol é unha droga que causa serias repercusións na saúde física, mental e social das
persoas, en especial dos/as adolescentes (enfermidades cardíacas, varios tipos de cancro, dano cerebral, problemas de memoria, adicción, problemas familiares,
accidentes de tráfico, etc.), á vez que se solicita a implicación de toda a sociedade no impulso, apoio, participación e difusión de actividades e campañas de prevención. Xa que estas, a través da educación, son a mellor ferramenta para concienciar á poboación, e especialmente aos/ás mozos/as, dos problemas que xeneran as
adiccións, previndo así as enfermidades asociadas ás mesmas.
Seguindo estas directrices, dende o Proxecto de Prevención das drogodependencias e
outras condutas adictivas realízanse dende o ano 2007 unha serie de accións encamiñadas a reducir o consumo abusivo de alcol e evitar o consumo de bebidas alcohólicas por parte de menores de idade (Intervencións preventivas sobre drogas en xeral e particularmente sobre o alcol no ámbito escolar, familiar, xuvenil e comunitario), co obxectivo de fomentar hábitos de vida saudable que inclúan o rexeitamento do consumo de alcol por parte dos máis novos/as, así como a modificación de actitudes e comportamentos permisivos da sociedade en relación ó alcol.
Finalmente, dende o Proxecto de Prevención das drogodepedencias e outras condutas adictivas no eido local de Barro, Cuntis, Moraña e Portas, quérese reiterar a importancia da implicación de toda a sociedade para lograr a efectividade das intervención preventivas antes descritas. Recordando que está prohibida a venta, suministro e dispensación de bebidas alcohólicas ós menores de 18 anos (Lei 11/2010, do 17 de decembro, de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade).
Alcaldía dos Concellos de Barro, Cuntis, Moraña e Portas.